Política de cookies
Última actualización: 13 de novembro de 2026
Esta web non usa cookies
As cookies son pequenos ficheiros que unha web garda no teu navegador para lembrar información sobre ti ou sobre a túa visita. Esta web non instala ningunha, nin propia nin de terceiros. Tampouco usa analítica, publicidade, botóns de redes sociais nin o almacenamento local do navegador.
Por iso non che pedimos consentimento nin ves ningún aviso de cookies.
Recursos externos
A tipografía, os estilos e o código sérvense desde o noso propio servidor. O único que vén de fóra son as teselas do mapa de socios, de OpenStreetMap, que tampouco instalan cookies; explicámolo na política de privacidade.
Se isto cambia
Se algún día incorporamos cookies, actualizaremos esta páxina e, cando non sexan estritamente necesarias, pedirémosche permiso antes de instalalas.
Como xestionar as cookies
Podes ver e borrar as cookies de calquera web desde a configuración do teu navegador, normalmente no apartado de privacidade ou seguridade.